Saltar ao contido principal

ACTIVAR CONTAS ELBE

PASOS A SEGUIR:

1º. Vou ao navegador e escribo "ELBE 2". Premo na primeira ligazón.



2º. Cando estou en Elbe-2, premo no botón que pon IDENTIFICARSE (Arriba á dereita)



3. Escribo o meu nome de usuario e debaixo o contrasinal e dou lle a ENTRAR. Estes datos son os que che ofreceu a túa profe.




4. Agora aparece unha ventá emerxente e tes que premer no botón que pon IR AO SITIO WEB. Nesta pestana que se abre debes cambiar o contrasinal do teu  Elbe. RECORDA anotala na axenda e logo escríbea no ordenador. Fai boa letra e recorda se usas maiúsculas ou minúscular porque é importante.

5. A continuación xa podes ir a Elbe e repetir o paso 3, pero escribindo o teu novo contrasinal. Dáslle a entrar e xa estás no teu Elbe. Fíxate que na parte superior dereita aparece a inicial do teu nome o que indica que estás dentro da túa conta. Podes entrar na casa e personalizar poñendo unha foto se che apetece.




6. Preme na lupa que tes ao lado do círculo co teu usuario e escribe o nome da novela que imos buscar para ler: Cartas de inverno. Seleccionamos a novela e ábrese outra ventá.


7.  Cando estamos na páxina de información do libro só temos que collelo en préstamo premendo no botón de PRESTAR. (recorda que só podes ter dous libros en préstamo).



8. Como ves na imaxe xa podes comezar a ler no teu dispositivo móbil, tableta, ordenador. So tes qeu premer en LER. Cando remates non esquezas DEVOLVER!!!.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Vocabulario: Os animais

Os animais domésticos ( Ogalego.eu) Léxico galego 2 (páxinas 6 a 12 / É un PDF) Tarefas interactivas de Belén Aldariz Desbota castelanismos nos nomes de animais Voces dos animais Mariquiña ou xoaniña? vídeo de Instagal Como fan os animais? DígochoEu PEIXIÑOS DO MAR, DE MAGÍN BLANCO

RACHANDO PREXUÍZOS

COTOVÍA: OS PREXUÍZOS  FILÓLOGA DE MUXÍA PREXUÍZOS NOS 21 DÍAS CO GALEGO I E II tarefa 1 - PÁX 265 Ángel Carracedo en «O galego na miña vida | Ángel Carracedo | LGx15» explica a súa relación co galego.    tarefa 2 - PÁX 265 Localiza o vídeo «A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15» e fíxate na reflexión que realiza sobre a riqueza dos trazos dialectais e sobre a situación da lingua. Que opinas ao respecto? tarefa 3 - PÁX 265 «Verónica Boquete –Conseguiremos– Novas voces para a lingua» e analiza a valoración que fai do galego e as dificultades que atopou por ser muller e futbolista. tarefa 6 - PÁX 265 Busca no xornal Nós Diario (15/12/2020) a entrevista a Agostiño Reigosa, impulsor da comunidade de «Twitch en galego» , 

Substantivo

WEBS CON ACTIVIDADES ogalego.eu: substantivo aprendogalego tintarrás exercicios de morfoloxía: substantivo EXPICACIÓN TEÓRICA COTOVÍA!!!! cadernodelinguagalega 3º ESO 1: Introdución O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo extralingüístico, sexan estas seres vivos ( sapoconcho ,  amigas …), cousas inanimadas ( libro ,  paraugas …) ou conceptos abstractos ( amizade ,  intolerancia …). Morfoloxicamente, están constituídos por unha raíz e por morfemas de xénero e número ( amig-a-s ). Opcionalmente, tamén poden presentar morfemas derivativos (prefixos e sufixos) ( in-toler-ancia ) ou dúas raíces ( para-augas ). 2 A categoría de xénero A. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO Son substantivos invariables, nos que non se produce oposición de xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino ( o caderno, o amor ) ou ben ao feminino ( a amizade, a chave ). Son femininos… A maioría das árbores froit...