Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

LUÍSA VILLALTA

 O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos propuxeron a celebración deste día.  Como curiosidade debedes aber que para que un escritor/a sexa escollida debelevar mínimo 10 anos morto/a, nunca se dedican as Letras a un escritor/a vivo. DIFERENTES PROPOSTAS MUSICAIS COS SEUS POEMAS XOGOS INTERACTIVOS - SEMINARIO GALÁN LIÑA DO TEMPO - SEMINARIO GALÁN BREVE PERCORRIDO POLA VIDA E OBRA - San Pío X 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra' é a serie documental web da Real Academia Galega sobre a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. O primeiro episodio traza o percorrido biográfico da poeta, narradora, ensaísta e articulista dende o seu nacement...