O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos propuxeron a celebración deste día.
Como curiosidade debedes aber que para que un escritor/a sexa escollida debelevar mínimo 10 anos morto/a, nunca se dedican as Letras a un escritor/a vivo.
DIFERENTES PROPOSTAS MUSICAIS COS SEUS POEMAS
XOGOS INTERACTIVOS - SEMINARIO GALÁN
LIÑA DO TEMPO - SEMINARIO GALÁN
BREVE PERCORRIDO POLA VIDA E OBRA - San Pío X
'Luísa Villalta: a rebelión da palabra' é a serie documental web da Real Academia Galega sobre a autora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2024.
O primeiro episodio traza o percorrido biográfico da poeta, narradora, ensaísta e articulista dende o seu nacemento na Coruña no ano 1957 ata o seu pasamento na mesma cidade no 2004.
O compromiso cívico na vida e na obra da protagonista do Día das Letras Galegas 2024 centra o quinto episodio de 'Luísa Villalta: a rebelión da palabra'.
Luísa Villalta paixón e compromiso 1
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
- Banda deseñada sobre Luísa Villalta.
- Liña do tempo.
- Caligramas
-Deseña unha campaña de sensibilización sobre o uso da lingua no voso centro educativo.
- 3º ESO: O XORNAL DAS LETRAS. No voso xornal debe haber:
*unha noticia sobre o día das Letras Galegas
*unha noticia sobre un acto cultural que se celebrara na vosa localidade o día das letras.
*unha reportaxe sobre a vida e obra da escritora ( o máis gráfica e visual posible)
*unha reportaxe sobre as mulleres escritoras do século XX na nosa Literatura.
*un anuncio de promoción da lingua galega
*unha entrevista con Luísa Villalta (que lle preguntarías e que che respondería a escritora?)
Comentarios
Publicar un comentario