Falemos de literatura VI: Curros (vídeo explicación vida e obra do autor por unha profesora en Youtube) Proceso contra Curros TEMAS DE CURROS As cordas líricas de curros from Loli Cid Cid Primeiro poema de Curros CÁNTIGA No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sin trégolas os desdéns dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: “Xa no mundo non teño a ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben”. Os seus ecos de malenconía camiñaban na alas do vento, i o lamento repetía: “Vou morrer e non ven ó meu ben!” Lonxe dela, de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América vai o probe, infelís amador. I ó mirar as xentís anduriñas cara a terra que deixa cruzar: “Quen pudera dar volta _pensaba_, quen pudera convosco voar!…” Mais as aves i o buque fuxían sin ouír seus amargos lamentos; sólo os ventos repetían: “¡Quen pudera convosco voar!” Noites craras, de aromas e...
Ferramenta para as aulas de galego