Saltar ao contido principal

Substantivo

WEBS CON ACTIVIDADES

ogalego.eu: substantivo

aprendogalego

tintarrás exercicios de morfoloxía: substantivo


EXPICACIÓN TEÓRICA

COTOVÍA!!!!

cadernodelinguagalega 3º ESO

1: Introdución

O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo extralingüístico, sexan estas seres vivos (sapoconchoamigas…), cousas inanimadas (libroparaugas…) ou conceptos abstractos (amizadeintolerancia…).

Morfoloxicamente, están constituídos por unha raíz e por morfemas de xénero e número (amig-a-s). Opcionalmente, tamén poden presentar morfemas derivativos (prefixos e sufixos) (in-toler-ancia) ou dúas raíces (para-augas).


2 A categoría de xénero

A. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO

Son substantivos invariables, nos que non se produce oposición de xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino (o caderno, o amor) ou ben ao feminino (a amizade, a chave).

Son femininos…

  • A maioría das árbores froiteiras e os seus froitos. Ex.: a cerdeira / a cereixa, a laranxeira / a laranxa, a nogueira / a noz… Excepcións: a figueira / o figo, o limoeiro / o limón…
  • Os substantivos acabados en -a. Ex.: a aguia, a alma, a auga, a pantasma, a reuma… Agás: o clima, o día, o mapa, o planeta, o diadema, o fantasma
  • Os substantivos terminados en -ade. Ex.: a idade, a liberdade, a puberdade, a mortaldade…
  • Os substantivos rematados en -axe. Ex.: a paisaxe, a tatuaxe, a viaxe Excepto: o traxe, o paxe, o garaxe. Personaxe pode ser masculino ou feminino.
  • Os substantivos rematados en -se, -ite. Ex.: a análise, a tese, a otite, a elite… Agás: o convite, o interese…
  • Outros substantivos como: a árbore, a ave, a canle, a calor, a dor, a ferruxe, a orde, a ponte, a síndrome, a suor…

Son masculinos...

  • Os nomes de letras, números, océanos, mares, ríos e puntos cardinais. Ex.: o a, o efe, o sete, o Atlántico, o Adriático, o Miño, o noroeste…
  • Os substantivos rematados en -i. Ex.: o convoi, o penalti…
  • Os substantivos rematados en -o. Ex.: o arbusto, o riso, o xogo… Excepto: a foto, a moto, a tribo, a dínamo…
  • Os substantivos rematados en -ote. Ex.: o bote, o dote, o lote… Excepto: a glote
  • Os substantivos rematados en -u. Ex.: o bambú, o chapeu, o pau, o xampú…
  • Os substantivos rematados en -me. Ex.: o arame, o crime, o cume, o exame, o fume, o lume, o legumeo costume… Excepto: a fame, a síndrome
  • Os substantivos rematados en -t, -g, -f, -h, -k… (estranxeirismos): o test, o cámping, o anorak, o ballet…
  • Outros substantivos como: o berce, o labor, o leite, o mel, o nariz, o sangue, o cárcere, o sal, o sinal…


B. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS SEN FLEXIÓN

Nestes casos, o xénero vai indicado polo determinante que o acompaña. Exemplos: a trapecista - o trapecistaa xornalista - o xornalistaa trompetista o trompetistaa axente - o axentea cantante - o cantantea atleta - o atletaa estudante - o estudante...


C. SUBSTANTIVOS DE DOUS XÉNEROS CON FLEXIÓN

Son os substantivos que presentan formas diferentes para o masculino e o feminino. Exemplos: o neno - a nena, o camareiro - a camareira, o presidente - a presidenta, o mestre - a mestra, o avó - a avoa, o rapaz - a rapaza...

Masculino e feminino dos nomes rematados en -N

  • -ín  -inabailarín → bailarina, benxamín → benxamina, malandrín → malandrina, galopín → galopina…
  • -ón  -oa (Formación regular): ladrón → ladroa, anfitrión → anfitrioa, campión → campioa, patrón → patroa...
  • -ón  -ona (Adxectivos despectivos e aumentativos): borrachón → borrachona, pedichón → pedichona...
  • -án  -á (Formación regular): curmán → curmá, ferrolán → ferrolá, musulmán → musulmá, cirurxián → cirurxiá...
  • -án  -ana (Adxectivos despectivos): charlatán → charlatana, folgazán → folgazana, pillabán → pillabana...
  • -ún  -úa / -ún  -una: cervún → cervúa, vacún → vacúa; euscaldún à euscalduna

3. Categoría de número. Formación do plural

O número é a categoría gramatical que indica a oposición singular, que designa un individuo, e plural, que expresa máis de un.

  1. Os substantivos rematados en vogal, forman o plural engadindo -s. Ex.: Novela → novelas, kiwi → kiwis, libro → libros, iglú → iglús…
  2. Os substantivos rematados en -n ou -m forman o plural engadindo -s. Ex.: Can → cans, camión → camións, delfín → delfíns, dolmen → dolmens, tótem → tótems…
  3. Os substantivos rematados en -r ou -z forman o plural engadindo -es. Ex.: Cráter → cráteres, culler → culleres, rapaz → rapaces, actriz → actrices…
  4. Os substantivos rematados en -S
    • Palabras agudas → Engaden -es. Ex.:Compás → compases, inglés → ingleses…
    • Palabras graves e esdrúxulas → Non varían. Ex.: O atlas → os atlas, o mércores → os mércores…
  5. Os substantivos rematados en -L
    • Palabras monosílabas → Engaden -es. Ex.: Sol → soles, mal → males, mel → meles…
    • Palabras graves → Engaden -es. Ex.: Túnel → túneles, mísil → mísiles, réptil → réptiles…
    • Palabras agudas polisílabas → Cambian -l por -is. Ex.: Farol → farois, cristal → cristais, funil → funís…
    • Nos substantivos compostos, se o segundo elemento é un monosílabo rematado en -l, faise o plural engadindo -es (coma se fosen monosílabos). Ex.: chuchamel → chuchameles, ollomol → ollomoles…
  6. Os substantivos compostos…
    • Substantivo + adxectivo → Plural nos dous elementos. Ex.: Garda civil → gardas civís, porco teixo → porcos teixos…
    • Verbo / Palabra invariable + substantivo → Plural do segundo elemento. Ex.: Norteafricano → norteafricanos, chuchamel → chuchameles...
    • Substantivo + (de) + substantivo → Plural do primeiro elemento. Ex.: Estrela de mar → estrelas de mar, coche cama → coches cama…









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Vocabulario: Os animais

Os animais domésticos ( Ogalego.eu) Léxico galego 2 (páxinas 6 a 12 / É un PDF) Tarefas interactivas de Belén Aldariz Desbota castelanismos nos nomes de animais Voces dos animais Mariquiña ou xoaniña? vídeo de Instagal Como fan os animais? DígochoEu PEIXIÑOS DO MAR, DE MAGÍN BLANCO

RACHANDO PREXUÍZOS

COTOVÍA: OS PREXUÍZOS  FILÓLOGA DE MUXÍA PREXUÍZOS NOS 21 DÍAS CO GALEGO I E II tarefa 1 - PÁX 265 Ángel Carracedo en «O galego na miña vida | Ángel Carracedo | LGx15» explica a súa relación co galego.    tarefa 2 - PÁX 265 Localiza o vídeo «A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15» e fíxate na reflexión que realiza sobre a riqueza dos trazos dialectais e sobre a situación da lingua. Que opinas ao respecto? tarefa 3 - PÁX 265 «Verónica Boquete –Conseguiremos– Novas voces para a lingua» e analiza a valoración que fai do galego e as dificultades que atopou por ser muller e futbolista. tarefa 6 - PÁX 265 Busca no xornal Nós Diario (15/12/2020) a entrevista a Agostiño Reigosa, impulsor da comunidade de «Twitch en galego» ,