Saltar ao contido principal

Propiedades Textuais

1. DEFINICIÓN

 2. CLASIFICACIÓN

 3. PROPIEDADES TEXTUAIS

 

1. DEFINICIÓN

 Un texto é unha mensaxe completa que se transmite oralmente ou por escrito nun acto de comunicación* cunha determinada finalidade.

 

* (A comunicación é a transmisión de información entre un emisor e un receptor mediante un código que coñecen ambos os dous.)

 

2. CLASES DE TEXTOS

 2.1 Segundo a canle de transmisión:

  •  ORAIS
  • ESCRITOS

 2.2 Segundo a forma do discurso:

  •  NARRATIVOS
  • DESCRITIVOS
  • DIÁLOGOS
  • EXPOSITIVOS
  • ARGUMENTATIVOS

 2.3 Segundo a intención comunicativa

  • INFORMATIVOS
  • PERSUASIVOS
  • PRESCRITIVO
  • LITERARIOS

 2.4 Segundo o rexistro empregado

  • FORMAIS
  • INFORMAIS

 

3. PROPIEDADES TEXTUAIS

3.1 ADECUACIÓN

É  a propiedade pola que o texto se adapta ao contexto comunicativo en que se emite. Polo que se ten en conta:

  • O destinatario
  • A intención comunicativa
  • Canle de transmisión
  • Situación comunicativa

3.2 COHERENCIA

Permite que a mensaxe se perciba de forma clara e sen ambigüidades. O texto organízase arredor dunha idea principal e cunha orde lóxica:

  • Unidade temática
  • Orde lóxica, selección e organización de ideas. Evitar a repetición innecesaria e cambios bruscos de tema.
  • Debe haber progresión temática, achegar ideas novas a medida que avanza o texto e tendo en conta o xa escrito.
  • Non debe haber contradicións na información.

 3.3 COHESIÓN

É a propiedade pola cal os enunciados do texto se relacionan entres i mediante diversos mecanismos lingüísticos:

 MECANISMOS LÉXICOS

  • A repetición
  • A substitución por sinónimo ou hiperónimos e hipónimos
  • Asociación semántica; uso de palabras da mesma familia léxica ou campo semántico.

 

MECANISMOS GRAMATICAIS

Elipse (suprimir algún elemento léxico do enunciado)

Os deícticos ( pronomes, adverbios e determinantes que fan referencia ás persoas e ao contexto espacial e temporal):

-----Os pronomes persoais: Carme e Xaquín non comezaron á escola cos demais compañeiros. Eles estiveron enfermos e chegaron meses máis tarde.

-----Os demostrativos e os posesivos: Non quero recibir malas noticias, iso perturbaría a miña tranquilidade.

------Os adverbios: Na aldea todo o mundo estaba seguro do que dicía aquel home. Alí a súa palabra era a única que valía.


OS CONECTORES TEXTUAIS

Empregados ao comezo das oracións ou parágrafos poden indicar:

  • Tempo e orde: Finalmente, em primeiro lugar...
  • Espazo: Ao fondo...
  • Explicativos ou exemplifican: É dicir, isto é...
  • Engaden información Tamén, así mesmo…
  • Causas: posto que
  • Consecuencia: polo tanto, así pois…
  • Contrastan co anterior: porén, pola contra…
  • Recapitulan: En resumo, en definitiva…
  • Rectifican, Mellor dito, máis ben…

 

OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN

Permiten a correcta comprensión da mensaxe, tanto os que indican entoación como os que permiten dividir o texto en partes.


RESUMO EN PDF

RESUMO PDF CON ACTIVIDADES

EXERCICIOS 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Vocabulario: Os animais

Os animais domésticos ( Ogalego.eu) Léxico galego 2 (páxinas 6 a 12 / É un PDF) Tarefas interactivas de Belén Aldariz Desbota castelanismos nos nomes de animais Voces dos animais Mariquiña ou xoaniña? vídeo de Instagal Como fan os animais? DígochoEu PEIXIÑOS DO MAR, DE MAGÍN BLANCO

RACHANDO PREXUÍZOS

COTOVÍA: OS PREXUÍZOS  FILÓLOGA DE MUXÍA PREXUÍZOS NOS 21 DÍAS CO GALEGO I E II tarefa 1 - PÁX 265 Ángel Carracedo en «O galego na miña vida | Ángel Carracedo | LGx15» explica a súa relación co galego.    tarefa 2 - PÁX 265 Localiza o vídeo «A importancia de contar historias en galego na rede | Alba Mancebo | LGx15» e fíxate na reflexión que realiza sobre a riqueza dos trazos dialectais e sobre a situación da lingua. Que opinas ao respecto? tarefa 3 - PÁX 265 «Verónica Boquete –Conseguiremos– Novas voces para a lingua» e analiza a valoración que fai do galego e as dificultades que atopou por ser muller e futbolista. tarefa 6 - PÁX 265 Busca no xornal Nós Diario (15/12/2020) a entrevista a Agostiño Reigosa, impulsor da comunidade de «Twitch en galego» , 

Substantivo

WEBS CON ACTIVIDADES ogalego.eu: substantivo aprendogalego tintarrás exercicios de morfoloxía: substantivo EXPICACIÓN TEÓRICA COTOVÍA!!!! cadernodelinguagalega 3º ESO 1: Introdución O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo extralingüístico, sexan estas seres vivos ( sapoconcho ,  amigas …), cousas inanimadas ( libro ,  paraugas …) ou conceptos abstractos ( amizade ,  intolerancia …). Morfoloxicamente, están constituídos por unha raíz e por morfemas de xénero e número ( amig-a-s ). Opcionalmente, tamén poden presentar morfemas derivativos (prefixos e sufixos) ( in-toler-ancia ) ou dúas raíces ( para-augas ). 2 A categoría de xénero A. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO Son substantivos invariables, nos que non se produce oposición de xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino ( o caderno, o amor ) ou ben ao feminino ( a amizade, a chave ). Son femininos… A maioría das árbores froit...