WEBS CON ACTIVIDADES ogalego.eu: substantivo aprendogalego tintarrás exercicios de morfoloxía: substantivo EXPICACIÓN TEÓRICA COTOVÍA!!!! cadernodelinguagalega 3º ESO 1: Introdución O substantivo é unha clase de palabra que designa entidades do mundo extralingüístico, sexan estas seres vivos ( sapoconcho , amigas …), cousas inanimadas ( libro , paraugas …) ou conceptos abstractos ( amizade , intolerancia …). Morfoloxicamente, están constituídos por unha raíz e por morfemas de xénero e número ( amig-a-s ). Opcionalmente, tamén poden presentar morfemas derivativos (prefixos e sufixos) ( in-toler-ancia ) ou dúas raíces ( para-augas ). 2 A categoría de xénero A. SUBSTANTIVOS DUN SÓ XÉNERO Son substantivos invariables, nos que non se produce oposición de xénero. Pertencen exclusivamente ou ben ao masculino ( o caderno, o amor ) ou ben ao feminino ( a amizade, a chave ). Son femininos… A maioría das árbores froit...
Comentarios
Publicar un comentario