Portal da toponimia (NOMENCLATOR)
O PROXECTO DE TOPONIMIA EXPLICADO NO VÍDEO
Clasificación dos topónimos galegos polo significado:
- Constitución e forma do terreo:
- Hidrónimos ou topónimos referentes ás augas: Abanqueiro, Areas, Cachoeira, Esteiro (de AESTUARIUM) Fontiñas, Fumiñá, Pozo, Ribadiso, Roxos.
- Orónimos, referidos á orografía e topografía: Catasós (< CAPTA SOLES), Catabois, Cotón, Penido, Serrón, Moncalvo (< MONS CALVUS), Valga, Valilongo, Vista Alegre, Boimorto (tautopónimo, referido a un lugar rochoso).
- Fitotopónimos ou nomes de lugar referidos ao mundo vexetal, natural ou cultivado: Cerdedo, Fraga, Castañeda, Soutelo, Teixido, Xardoal, Xestelas.
- Zootopónimos, topónimos relacionados coa fauna, salvaxe ou doméstica: Abelleira, Aguiar, Cebreiro, Golpellás, Lobeira, Sardiñeira, Vacariza.
- Nomes de lugar referidos a nomes persoais ou familiares (antropónimos): Chamín (do latín FLAMINIUS), Allariz (do xermánico latinizado ALIARICUS), Cazurraque (de CASA ORRACHI, do medieval Urraca, nome de muller de discutida orixe), Ceide (do árabe SAYID), Os Gómez (dun apelido de orixe xermánica), Morquintián (dunha Mor Quintián, que correspondería a un latino *Maiore *Quintilane, con nome de orixe latina e apelido xermánico), Paiosaco (dun Paio Saco), As Pontes de García Rodríguez, Negueira de Muñiz.
- Haxiotopónimos ou nomes de lugar referidos a algún santo ou advocación sagrada: O Corpiño, Santalla, Santa Cubicia, Santo Estevo, Sanxés e Sanxenxo (de SAN(CTU) GENESIU).
- Hodónimos ou nomes de lugar referidos a vías de comunicación: Carral, Catrocamiños, A Estrada, Estación, A Pontenova, Rodeiro, Vao, Vieiro.
- Construcións:
- Edificios e construcións: Antas, Arcos, Cabanas, Casanova, Castelo, Pacios, Orro, Valadás, Venda Nova, Torre, Tuñas (de TUDICULAS; o esperábel sería *Tullas), , Cuspedriños (procede da forma latina CURROS PETRINEOS, "curros de pedra")
- Explotacións industriais e comerciais: Concheiros, Escourido, A Fábrica, Ferreirúa, Muíños, Porto do Son, Tenda, O Vinteún (referencia á data do mes no que se celebraba a feira, cfr. A Feira do Trece máis revelador), Viveiro.
Clasificación pola orixe:
- Topónimos prelatinos: Arzúa, Barallobre, Sillobre, Betanzos, Cangas, Nantón, Dubra, Bergantiños, Noia, Sarria, Trives, Barbanza, A Arnoia, Deva, Eo, Tambre, Bar).
- Orixe latina. Son os maioritarios: Compostela (de COMPOSITA + ELLA, non de *CAMPUS STELLAE), Padrón (de PETRONEM, formado sobre un aumentativo de PETRA), Vigo (de VICUM ), Eiras (de AREAS, "áreas"), Reboira (de *ROBOREA), Taboada e Taboadela (de TABULATA ), Viveiro (de VIVARIUM),... A través do latín entraron no galego topónimos de orixe grega ou xudía, na maior parte por influxo do Cristianismo, como Grixoa (de ECCLESIOLA, diminutivo de ECCLESÍA), Mosteiro (de MONASTERIUM), Vilasol (dunha VILLA SAULI, do nome hebreo latinizado SAULUS).
- Orixe xermánica, especialmente sueva. Son numerosos como derivados de antropónimos (Hermisende, Vaamonde, Baldomar, Baltar, Goiáns, Gondomar,... e moitos dos rematados en -oi: Filloi, Raxoi, Trastoi, Mondoi, Gadoi, Cendoi; -ei: Forcarei; -il: Samil; e -iz ou -ís en zonas de seseo: Espariz, Mondariz, Sabarís), sobre todo tendo en conta que moitas veces se xuntan en composición con elementos latinos. Como derivados do léxico xermánico común, son menos frecuentes: Boiro (do tema *BÛR "edificación"), Loiba, Lobios (xermánico *LAUBJO, "alpendre") , Sas ou Zas (gótico SALA "pazo").
- Orixe árabe. Salvo aldea, son pouco frecuentes: Alfoz (arrabalde), Almuíña (horta, herdade), Barrio, Rábade (fronteira), Acea ou Aceña (muíño de auga), posiblemente A Mezquita, ...
Para saber a etimoloxía:
MAPAS PARA VER TOPÓNIMOS
Mapas catastro: poderás ver a túa aldea e todas as divisións das súas propiedades para facer unha captura de pantalla para o teu traballo.
VÍDEOS SOBRE O SIGNIFICADO DE ALGÚNS TOPÓNIMOS GALEGOS
Comentarios
Publicar un comentario