As linguas do mundo son unhas 6 ou 7.000 que se reparten en 200 estados. ISto significa que a maioría dos países son plurilingües.
Todas as linguas cumpren a función de vehículo comunicador e de expresión cultural dunha comunidade, polo uqe teñen o mesmo valor.
Clasificación:
a) Polo número de falantes: linguas maioritarias (con moitos falantes) e linguas minoritarias(un número reducido de persoas)
b) Polo papel na sociedade: linguas hexemónicas ( con gran prestixio social) e linguas minorizadas ( en posición de inferioridade)
c) Polo seu estatus legal: Linguas oficiais (aquelas que representan a un país d eforma oficial e que se empregan na Administración, no ensino, nos medios de comunicación...) e linguas non oficiais.
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1444815157/contido/falo_galego/1_a_diversidade_lingstica.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_de_Europa
https://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_de_Espa%C3%B1a
En Europa hai unhas 200 linguasque se reparten en 49 estados. Polo que tamén temos varias linguas en cada país. Así ocorre en Francia, onde a lingua oficial é o francés, pero tamén se falan o provenzal, o bretón, o corso, o catalán, o éuscaro e o alemán.
En España temos 7 linguas: castelán, galego, éuscaro, catalán e aranés linguas oficiais máis o aragonés e o asturiano.
Comentarios
Publicar un comentario