Que é a lusofonía?
Denomínase lusofonía o espazo lingüístico dos países nos que se fala o portugués: Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, São Tomé e Príncipe e Timor Leste.
j
O poder real da lusofonía
Galicia forma parte da lusofonía?
Se temos en conta que galego e portugués teñen unha mesma orixe e moitas semellanzas que permiten a intercomprensión entre as dúas linguas, todo apunta a que si, pertence á lusofonía.
Durante toda a Idade Media, o galego e o portugués eran unha mesma lingua, filla do latín vulgar que os romanos trouxeran á Gallaecia no século I a.C. Nace no século IX e comeza a escribirse no século XII. Ata o século xv foi unha lingua importante que se usaba de xeito oral e por escrito e tanto por parte do pobo como dos reis.
No século XII, o condado de Portugal sepárase de Galicia e constitúe un novo reino independente. Mentres tanto, Galicia intégrase na Coroa de Castela. Esta separación fixo que as dúas linguas se afastaran e correran sortes diferentes. Polo que no século XVI cando comeza a expansión colonial de portugués, para o galego comezan os Séculos Escuros e a degradación do galego a lingua de segunda afastada da cultura.
Escoitamos a unha estudante do Brasil a ver se somos quen de comprender o que di.
Escoitade a Salvador Sobral, gañador da Eurovisión 2017 co tema Amar pelos dois,
APRENDER PORTUUGUÉS
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués I.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués II.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués III.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués IV.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués V.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués VI.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués VII.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués VIII.
Ben falado. O que todo galego debe saber do portugués IX.
Comentarios
Publicar un comentario